Home Ourense O alcalde convoca os portavoces para volver levar a pleno a cesión...

O alcalde convoca os portavoces para volver levar a pleno a cesión de terreos para a residencia que construirá a Fundación Armando Ortega

- Anuncio -

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou esta mañá unha xunta de portavoces para o vindeiro luns, 29 de novembro, ás 8:30 horas, no salón de plenos, cun asunto na orde do día:

Incorporación á orde do día da vindeira sesión plenaria do 3 de decembro de 2021, previo consenso cos grupos da Corporación, do cambio de uso da parcela sita en carretera de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, en relación coa construción da reside ncia da Fundación Amancio Ortega.

O goberno municipal retoma así a proposta de cambio de uso da parcela, que non saiu adiante nos plenos dos días 3 e 14 de setembro e 6 de outubro por non acadar a maioría absoluta do Pleno (14 votos) que require a súa aprobación.

A proposición contempla o cambio de uso da parcela emprazada na estrada de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, coa finalidade de que pase a ter os usos de sistema xeral de equipamento asistencial (donde a Fundación Amancio Ortega construirá unha residencia para persoas maiores cun investimento de 12 millóns de euros), sistema local de equipamento deportivo e sistema local de zonas de esparexemento e parques.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas