HomeOurenseO alcalde de Ourense apela á colaboración cidadá ante as medidas fronte...

O alcalde de Ourense apela á colaboración cidadá ante as medidas fronte á Covid e solicita da Xunta e do Estado axudas para os sectores máis afectados

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un chamamento á colaboración cidadá no cumprimento das normas ditadas pola Xunta de Galicia á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial. O rexedor, que confía en saír canto antes desta situación se todas as persoas asumen a súa responsabilidade individual e social, anima os ourensáns a facer un esforzo común durante as vindeiras tres semanas e, ao tempo, solicita das administracións centrais e autonómica un xesto de solidariedade cos sectores máis afectados.

Da mesma forma que se fixo co sector pesqueiro durante a crise do Prestige, o alcalde de Ourense invita os gobernos español e galego a tomar medidas para cos sectores máis afectados, principalmente comercio e hostalaría. Lembra Pérez Jácome que, entre as medidas de nivel extremo de restricións que buscan reducir ao mínimo a interacción social, o peche total da hostalaría (salvo para pedidos en man ou a domicilio) e dos comercios ás 18.00 horas (agás os de primeira necesidade, caso de supermercados, farmacias…) pode sumir nunha profunda crise as persoas detrás destes negocios.

Preocupación entre os grupos

Os grupos políticos municipais representados no Concello de Ourense solicitaron unha reunión para abordar a nova situación dentro deste panorama de restricións. O alcalde recibirá os voceiros das formacións políticas mañá, mércores 27, a primeira hora da mañá.

Publicacións Relacionadas