O alcalde de Ourense recibe os representantes do comité de empresa de Hispamoldes

adminON
Lectura mínima de 1

Gonzalo P. Jácome recolleu as súas demandas e amosou a súa preocupación pola situación crítica do sector

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome recibiu esta mañá a representantes do comité de empresa de Hispamoldes que se achegaron á Casa do Concello para presentarlle a situación da súa empresa en particular, mais tamén do resto do sector da automoción en Ourense e demandar apoio institucional.

O alcalde amosou a súa vontade de colaboración dentro da escasa competencia que a este respecto ten o Concello. Aínda e con todo, comprometeuse a tentar consensuar co resto das forzas políticas unha declaración institucional de apoio ao sector das empresas auxiliares de automoción de Ourense.

Comparte este artigo