HomeOurenseO alcalde de Ourense visita Vilanova de Cerveira para reforzar os lazos...

O alcalde de Ourense visita Vilanova de Cerveira para reforzar os lazos co municipio portugués

- Anuncio -spot_img


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, realizou esta mañá unha visita institucional ao municipio portugués de Vilanova de Cerveira, onde foi recibido polo presidente da Cámara Municipal, Rui Teixeira.

Durante o encontro, ambos mandatarios intercambiaron impresións e experiencias sobre a xestión municipal, así como posibles vías de colaboración transfronteiriza. A visita incluíu un percorrido polo gran espazo recreativo situado á beira do río Miño, un dos principais atractivos da localidade lusa.

O alcalde Jácome amosou especial interese polo chamado “Parque das Augas”, unha moderna área lúdica que destaca polos seus elementos de xogo acuático e polas súas instalacións pensadas para o desfrute de familias e nenos. O rexedor ourensán valorou positivamente a integración do parque no contorno natural e tomou nota das súas características como posible inspiración para futuros proxectos en Ourense.

A visita reforza os lazos de boa veciñanza entre ambas localidades e abre a porta a futuras colaboracións en materia de turismo, cultura e aproveitamento do entorno fluvial.

Publicacións Relacionadas