HomeOurenseO alcalde delega as competencias de Promoción Económica, Mobilidade e Transporte en...

O alcalde delega as competencias de Promoción Económica, Mobilidade e Transporte en Armando Ojea e as de Administración xeral en Antonio Fernández

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou un novo decreto de delegación de competencias nos concelleiros e nas concelleiras que integran o goberno municipal. O tenente de alcalde, Armando Ojea asume a xestión da área de Promoción Económica, Mobilidade e Transporte, e Antonio Fernández Martín asume as de Administración xeral e loxística, ao tempo que conserva as de Impulso educativo e Comercio, que xa xestionaba ata agora. No decreto, asinado onte a mediodía, o alcalde efectúa estas delegacións:

No concelleiro Jorge Pumar Tesouro delega o exercicio das atribucións en relación coa área de Medio ambiente

Na concelleira Sonia Ogando Vázquez, as atribucións en relación coa área de Urbanismo, vivenda e patrimonio

No concelleiro José Mario Guede Fernández, as atribucións en relación co Consello Municipal de Deportes (CMD) e a súa presidencia

Na concelleira Flora Moure Iglesias, o exercicio das atribucións en relación coa área de Turismo, termalismo, participación cidadá e xuventude

Na concelleira Eugenia Díaz Abella, o exercicio das atribucións en relación coa área de Política social

No concelleiro Telmo Manuel Ucha Álvarez, o exercicio das atribucións en relación coa área de Seguridade cidadá

Na concelleira Ana María Fernández Morenza, o exercicio das atribucións en relación coa área de Economía e facenda,

No concelleiro Armando Ojea Bouzo, o exercicio das atribucións en relación coas áreas de Promoción económica, e de Mobilidade e transporte

No concelleiro Antonio Fernández Martín, o exercicio das atribucións en relación coas áreas de Administración xeral e loxística e Impulso educativo. Tamén seguirá xestionando as competencias relativas a Comercio, que están incluídas na área de promoción económica

As áreas reservadas á Alcaldía serán:

Alcaldía-presidencia

Contratación

Obras públicas e servizos urbanos

Recursos humanos

Artes e festexos

Publicacións Relacionadas