Home Ourense O alcalde destaca que o acendido das luces do Nadal foi “o...

O alcalde destaca que o acendido das luces do Nadal foi “o acto festivo máis multitudinario na historia da cidade”

- Anuncio -

Pérez Jácome subliña que máis de 30.000 persoas abarrotaron a Praza Maior e as rúas máis céntricas e conclúe que “o éxito dos eventos organizados en 2022 non ten parangón”

O acendido das luces do Nadal do pasado venres, en distintos puntos de Ourense, foi o acto festivo más multitudinario na historia da cidade, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen detalla que máis de 30.000 persoas abarrotaron a Praza Maior e as rúas máis próximas, como Lamas Carvajal ou Bispo Cesáreo, así como a rúa do Paseo, Parque San Lázaro ou Santo Domingo, entre outras: “Supuxo a maior congregación de persoas na rúa nun acto festivo na cidade ou posiblemente de calquera outro acto na súa historia”, concluíu o rexedor

Pérez Jácome subliña que “o éxito dos eventos organizados este 2022 non ten parangón: o Entroido, as Festas de Ourense, Halloween, San Martiño e, agora, o Nadal”. Afirma a este respecto que “isto demostra que facemos festexos para chegar a unha gran maioría e non a unha minoría como se facía en grupos de goberno anteriores”.

O alcalde lembra a ampla oferta de eventos que a cidade de Ourense acollerá durante os próximos días, coincidindo coa longa ponte do mes de decembro, que serve de preludio para o Nadal, dos que destaca:

Concertos na Praza Maior:
Trío Somoza, Versións Top. Luns, 5, 20 h
Broken Peach, Versións Top. Mércores, 7, 20 h
Carrusel clásico gratuíto. Contorna da Ponte Vella, de 11 a 14 h y de 16.30 a 20.30h
Mercado navideño no Parque de San Lázaro, con espectáculos e animacións diarias ás 18 h
Festas de Mariñamansa, na explanada da Farixa:
Orquestra París de Noia. Venres, 9, desde as 23 h.
Festa da Mocidade, con 5 DJ´s, Sábado, 10, de 20 a 4h.
O alcalde explicou tamén que “no noso desexo de atender mellor, desde o Concello fixemos adaptacións de última hora de xeito que durante esta ponte de decembro instalaranse e acenderanse luces nalgunhas zonas onde aínda non se colocaron, se ben o 95% está xa operativo”.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas