HomeOurenseO CarballiñoO alcalde do Irixo recaudou 845 euros nunha actividade onde despilfarrou 8...

O alcalde do Irixo recaudou 845 euros nunha actividade onde despilfarrou 8 mil euros nunha soa factura

- Anuncio -spot_img
     GASTOU 8 MIL EUROS da partida de “actividades extraescolares e transporte escolar” PARA RECAUDAR 845 EUROS, FOI O QUE FIXO O ALCALDE DO IRIXO nunha andaina celebrada chamada “Camiña pola igualdade” e a que puido ter acceso o portavoz socialista Iago Fariñas Valiña recentemente.

O alcalde organizou unha andaina a beneficio de Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) a que entregou unha RECADACIÓN DE 845 EUROS DESPOIS DE PAGAR 8 MIL EUROS A UNHA EMPRESA POLA ORGANIZACIÓN DE DITA ANDAINA.

O portavoz socialista Iago Fariñas Valiña considera UN AUTENTICO DESPILFARRO E UN ENGANO A VECIÑANZA e a Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense, pagar 8 mil euros para recadar 845 euros a beneficio desta Federación (FEMURO).

UNHA MOSTRA MAIS DO DESPILFARRO, DESCONTROL E MALA XESTIÓN DO ALCALDE MANUEL CERDEIRA A FRONTE DO CONCELLO DO IRIXO.

O portavoz socialista Iago Fariñas Valiña alerta de diversas facturas na conta xeral de importes excesivos e das que os socialistas teñen mais que dúbidas razoables do destino dos importes facturados por orde do alcalde Manuel Cerdeira.

Denuncian os socialistas O DESPILFARRO E DESCONTROL ECONÓMICO, E UNHA PÉSIMA XESTIÓN do Irixo CO PEOR ALCALDE DA SÚA HISTORIA.

Publicacións Relacionadas