HomeOurenseOurenseO alcalde felicita a deportista ourensá Luzía Piñero, que se proclamou campioa...

O alcalde felicita a deportista ourensá Luzía Piñero, que se proclamou campioa galega de boxeo neoprofesional

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos á boxeadora ourensá Luzía Piñero, que vén de proclamarse campioa galega neoprofesional, e ao seu adestrador, Manuel Míguez, do club Turbo box.

O alcalde felicitou á deportista destacando que «é unha honra recibir aquí unha campioa galega de boxeo, polo difícil que é obter o título nun deporte olímpico como este, pola competencia que hai. Teño coñecido xente con moitísimo talento que nunca chegou a ser campioa galega», asegurou.

Pérez Jácome puxo en valor o traballo de Piñero e Míguez, na promoción deste deporte «dedícanse á formación e están a facer unha canteira tremenda aquí en Ourense». O alcalde lembrou que a cidade sempre destacou en disciplinas como o kickboxing ou o full contact, e que agora o boxeo tamén conta cun espazo de referencia grazas ao traballo deste ximnasio situado na rúa Arturo Pérez Serantes, que conta con máis de 250 licenzas federativas.

Luzía Piñero obtivo o título galego neoprofesional o pasado 14 de marzo en Pontevedra, nun torneo disputado a cinco asaltos de dous minutos. Este éxito súmase á súa actual condición de campioa galega na categoría amateur. Precisamente o seu próximo reto deportivo será o vindeiro 10 de abril, nunha nova edición do galego amateur, onde buscará a clasificación para o Campionato de España.

Publicacións Relacionadas