HomeOurenseO alcalde Gonzalo Jácome recibe no Concello o cónsul honorario do Reino...

O alcalde Gonzalo Jácome recibe no Concello o cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias, Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos do Concello o cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias, Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde.

O empresario vigués asumiu a comezos de ano esta nova responsabilidade, que afronta como “un orgullo e un reto na miña vida profesional, nun campo diferente, que me enche de ilusión. Espero poder axudar moito aos neerlandeses en Galicia e en Asturias na medida das miñas posibilidades”, manifestou. González de Haz lembrou que na actualidade uns 400 neerlandeses residen en Galicia e algo máis de 200 en Asturias, ademais da afluencia de turistas procedentes do dito país “pois Galicia cada vez é máis atractiva para o estranxeiro”.

O alcalde manifestou que “é unha honra recibir o cónsul, que ademais procede da cidade irmá por excelencia, que é Vigo”, e lembrou que é o segundo cónsul honorario que recibe este ano no Concello, logo da visita de Antonio Corredoira Alfonso, de Ucraína, no pasado mes de xaneiro.

Pérez Jácome destacou que “os holandeses están moi integrados en calquera lugar da Comunidade Económica Europea e máis nun sitio como Galicia, tremendamente hospitalaria”.

Ao remate do acto, o cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias asinou no Libro de Ouro do Concello de Ourense, con esta mensaxe:

“É unha honra, nunha das miñas primeiras actuacións como Cónsul Honorario dos Países Baixos en Galicia e Asturias, visitar este Concello tan relevante de Galicia e no que sempre me sinto tan ben recibido pola corporación e, en concreto, polo seu alcalde e amigo, don Gonzalo Pérez Jácome”.

Publicacións Relacionadas