O alcalde Gonzalo Pérez Jácome e a concelleira Noa Rouco acuden as termas do Muiño de novo accesibles ao uso público

adminON
Lectura mínima de 2

O Alcalde e a Concelleira bañáronse nas termas para amosar a súa confianza na salubridade das augas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Termalismo, Noa Rouco, acudiron hoxe a bañarse ás termas de O Muíño para celebrar simbolicamente que volven a estar accesibles tras varios meses pechadas debido ás inundacións provocadas pola crecida do río Miño.

A pesar de que o nivel do río xa permite o acceso con seguridade, o Concello de Ourense enfróntase agora a un novo obstáculo: a Xunta de Galicia desaconsella o baño libre por parte da cidadanía. A administración autonómica considera que estas termas ao abeiro da nova normativa autonomica na materia, non reúnen as condicións legais para seren empregadas como zona de baño público, o que desde o Concello se interpreta como unha traba de caracter administrativo dado que as analiticas que periódicamente realiza o Concello continuan a insistir na sua salubridade como ven sendo nos últimos anos que levan abertas. A Xunta de Galicia tamén considera que ainda non está legalmente finalizado o proceso para que estas augas reciban a consideracion de minero medicianais e diste xeito deixan as termas do Muiño como unha zona de baño salvaxe como tantos espacios de baño que salpican a nosa xeografía ;

Pozas de Melón, Termas de Barbantes, etc,

Co baño de hoxe pretendese sinalar que se está ante unha discrepancia de carácter administrativo e non sanitario. “As termas manteñen a mesma salubridade de sempre, quen cambiou foi a normativa da Xunta introducindo novos requisitos administrativos que non sanitarios” sinalou o Alcalde

Así mesmo o alcalde Gonzalo Pérez Jácome defendeu a posición do Concello e anunciou que seguirán buscando a regularización administrativa das termas e reclamando á Xunta unha normativa máis flexible e adaptada á realidade termal de Ourense

Comparte este artigo