HomeOurenseOurenseO alcalde inaugura os Xogos da Auga

O alcalde inaugura os Xogos da Auga

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou esta mañá os Xogos da Auga, que organiza o Concello no Xardín do Posío o martes, 19, mércores 20 e xoves 21 de xullo, de 11 a 13 e de 17 a 20h. Esta actividade gratuíta, que estaba prevista inicialmente para as festas e se tivo que suspender pola chuvia, consta de megadeslizadeiras (algunhas de 40 metros de longo e 15 de alto), unha xincana de obstáculos, tobogáns de auga inchable, un simulador de táboa de surf e dúas festas da escuma por día. Os tobogáns están adaptados a todas as idades desde os 3 – 4 anos. O alcalde animou a cidadanía a achegarse a esta actividade “que é unha delicia”, asegurou

Recoméndase traer roupa de baño e gafas de auga.

Publicacións Relacionadas