Os accésits, para a óptica Samuel Eiján, o centro de estética Mon Petit Salón, a florería Bonsai e a tenda de decoración Mandarina Home
Os escaparates permanecerán expostos ao público até o 8 de xaneiro
A florería Brioenflor (na Avenida da Habana, número 42) é a gañadora do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022, organizado polo Concello de Ourense, CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense. Esta mañá tivo lugar a entrega de premios do certame, que repartiu un total de 8.000 euros en premios (para os 3 mellores máis 4 accésits).
O acto contou coa asistencia de Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, Javier David García, xerente de Ecourense, Cristina López, responsable de clientes de Viaqua, Abel Ocampo, director do CIFP Portovello e Lidia Blanco e Sara Fernández, profesoras, e alumnado deste centro educativo, e representantes dos establecementos galardoados.
O concurso contou coa participación dun total de 125 escaparates.
O primeiro premio (3.000 euros) foi para a florería Brioenflor (Avda Habana, 42)
O segundo premio (2.000 euros) foi para a a farmacia Martínez Paz, na rúa Francisco de Moure, 22, no barrio do Couto
O terceiro premio (1.000 euros) foi para o Centro de Día A Ponte, na rúa Basilio Álvarez, 7
Os 4 accésits foron para a Óptica Samuel Eiján, no número 11 da rúa do mesmo nome,;o salón de estética Mon Petit Salon, en Ramón Cabanillas, 1; a florería Bonsai, na Avenida de Santiago, 14; e a tenda de decoración Mandarina Home, en Ramón Cabanillas, 1
De acordo coas bases do concurso, os comercios manterán expostas estas decoracións até o día 8 de xaneiro, para que poidan ser contempladas por todas as persoas que o desexen.
O ano que ven, máis e mellor
O alcalde Gonzalo Jácome felicitou os gañadores, poñendo en valor as súas creacións, que confía que serán “un dos reclamos e puntos obrigados de visita” no Nadal da cidade. Agradeceulles a súa participación e animounos a participar de novo na próxima edición: “O ano que vén, máis e mellor. Vaise repetir o concurso e será máis difícil, pois faremos unha campaña aínda máis forte, na que imos involucrar máis comercios. Cada vez será máis difícil gáñalo, pero tamén vai ter moito máis mérito”.



