O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron este mediodía no Concello a presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, que estes días están na cidade con motivo do partido que esta tarde disputará a selección española masculina de baloncesto fronte á de Eslovaquia no Pazo Paco Paz.
Gonzalo Jácome desexoulles sorte no decisivo encontro desta tarde, e confía que a cidade siga sendo talismán coa selección española, e trasladoulles o seu desexo de que esta clase de eventos teñan continuidade na cidade.