HomeOurenseOurenseO alcalde recibe ao alumnado da cidade gala de Quimper, que estarán...

O alcalde recibe ao alumnado da cidade gala de Quimper, que estarán unhas semanas de estancia na cidade

- Anuncio -spot_img

Esta cidade está irmandada con Ourense, e desde hai anos celébranse diversos tipos de intercambios. Neste caso trátase dunha colaboración para prácticas en hostalería coordenadas polo IES Vilamarín

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Salón de Plenos ao alumnado da cidade gala de Quimper, que van a ter unha estancia en Ourense durante as vindeiras semanas.

Trátase dun grupo de alumnado de hostalería, que estarán diversos establecementos da cidade. O alcalde saudounos na xornada de acollemento que teñen no día de hoxe, e desexoulles unha boa estancia.

No ano 2006, as cidades de Ourense e Quimper asinaban un protocolo de irmandade “en base ás relacións cordiais que permitan un progreso conxunto e o desenvolvemento de cohabitación cultural, económica e turística nos terreos da saúde, deporte, xuventude e desenvolvemento rural”. Neste tempo, a cidade de Ourense recibiu numerosas delegacións da cidade bretona, especialmente relacionadas co intercambio de estudantes no ámbito do hostalería, e asistiron a numerosos cursos de formación grazas ao salón internacional Xantar. Porén, tamén se traballou moito no ámbito social, xa que os rexedores de Quimper importaron o modelo de centros cívicos da cidade de Ourense.

A cidade de Ourense mantén lazos de irmandade con Vila Real (Portugal) desde 1981, co distrito cubano Plaza de la Revolución (2000), con Tlalnepantla de Baz (México) desde 2002 e con Quimper (2006).

Publicacións Relacionadas