HomeOurenseOurenseO alcalde recibe no Concello os presidentes da Federación Española de Deportes...

O alcalde recibe no Concello os presidentes da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada e do club Asesou

- Anuncio -spot_img

O encontro serviu para sentar as bases do futuro rocódromo da cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá na Casa do Concello o presidente da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), Joan Bernat Clarella Biarge, o presidente do club Asociación de Escaladores Ourensáns Asesou, Alfonso Böck Villalva e a secretaria-tesoureira da entidade ourensá Blanca García Domínguez.

Ao remate da xuntanza, Aníbal Pereira manifestou que “foi un pracer recibilos no Concello e escoitar da súa boca a boa saúde dos deportes de montaña en xeral e da escalada en particular”. O encontro, engadiu “serviu tamén para sentar as bases do futuro rocódromo que todos temos en mente, tan necesario para a práctica deste deporte e tamén para a aposta firme que temos desde o Concello co turismo deportivo”.

O concelleiro de Deportes subliñou o notable auxe que está a experimentar a escalada en Ourense durante os últimos anos, que se plasma neste club, un dos máis grandes xa do panorama deportivo da cidade, xa que conta con 800 fichas, entre elas as de 280 nenos e nenas.

Publicacións Relacionadas