Free Porn
xbporn
Home Ourense O alcalde recibe o demógrafo Michel Poulain e o grupo de investigación...

O alcalde recibe o demógrafo Michel Poulain e o grupo de investigación da Sociedade de Xerontoloxía que estuda a extrema lonxevidade de Ourense e Galicia

- Anuncio -

O proxecto pretende acreditar a comunidade autónoma como unhas das rexións con maior esperanza de vida do mundo

O Concello colabora con esta iniciativa e co congreso internacional de lonxevidade que se desenvolverá no mes de maio na cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o demógrafo Michel Poulain, a súa colaboradora Ana Canelada, o presidente, José María Faílde, e a secretaria, María Dapía, da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Polain, un dos maiores expertos a nivel mundial na lonxevidade da poboación, visita a cidade no marco do proxecto Galicia Blue Zone, promovido pola Xunta de Galicia, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e a Universidade de Vigo. Esta é unha iniciativa que ten como obxectivo que Galicia se converta na primeira rexión española, e na sexta do mundo, en contar cunha Blue Zone (Zona Azul), a distinción que un comité científico internacional outorga aos territorios con maior esperanza de vida.

Nunha primeira fase dos traballos, o grupo de investigación detectou 66 zonas de extrema lonxevidade en Galicia, entre as que se atopa Ourense, un municipio que ademais presenta a particularidade de tratarse dunha zona urbana, cando esta clase de zonas adoitan ser rurais.

Galicia, segundo os datos do padrón de habitantes, tiña no ano 2022 un total de 2.039 persoas centenarias, o que equivale a unha taxa de 75,79 persoas centenarias por cada 100.000 habitantes. Estas cifras convértena nunha das comunidades autónomas con maior concentración de persoas que supera os 100 anos. Ademais, hai rexións no interior galego con taxas que se atopan entre as máis elevadas a nivel mundial, similares ou superiores aos rexistrados nas denominadas blue zones. Ata o momento, foron documentadas cientificamente como zonas azuis a illa de Okinawa en Xapón, Martinica (Francia), a illa de Ikaria en Grecia, a zona montañosa da illa de Sardeña en Italia e a península de Nicoya en Costa Rica).

O Concello colabora con este proxecto e achegará ao grupo de investigación información estatística sobre a lonxevidade en Ourense. O Concello tamén colaborará no congreso internacional de xeriatría e xerontoloxía que se desenvolverá na cidade no mes de maio.

Relacionadas

Luis Menor referenda en Lobios a “clara vontade histórica” de colaboración transfronteiriza da Deputación...

0
O presidente provincial participou hoxe no Concello de Lobios no acto de recoñecemento de fronteiras e convivencia entre este municipio e as cámaras municipais...

A Xunta de Portavoces acorda que a Deputación se sume a dúas declaracións institucionais,...

0
Os voceiros dos grupos políticos acordaron por unanimidade que a Deputación se adhira ás declaracións da FEMP (“15 de octubre, Día Internacional de las...

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, celebra os seus 25 anos ininterrompidos...

0
Na presentación do salón gastronómico, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, afirmou que neste aniversario “redobramos esforzos sumando ao tradicional espazo dedicado á provincia...

O auditorio municipal de A Peroxa acolle este venres 25 de outubro ás 18:00...

0
O auditorio municipal de A Peroxa acolle este venres 25 de outubro ás 18:00 horas o programa Interritmos: Emprendemento música de raíz. Capacitación e...

Atrasadas en máis de ano as obras de ADIF da subestación eléctrica de tracción...

0
• Os deputados populares lembran que esta subestación é fundamental para que a LAV a Galicia dispoña dunha subministración eléctrica que permita atender un...

A Xunta de Goberno da Deputación achega 201.000 euros para a cooperación con entidades...

0
O X Festival Hércules Brass de Celanova, o Club Voleibol Ourense e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía percibirán 29.000 euros para axudar nos...

Publicacións Relacionadas