Esta mañá, o Concello de Ourense abriu as súas portas para render homenaxe ao equipo de Jiu-Jitsu Marbel, que foi recibido no Salón de Plenos polo alcalde, Gonzalo P. Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira. Tamén estiveron presentes os concelleiros Antonio Fernández e Tamara Silva, ambos os dous recoñecidos practicantes desta disciplina.
A recepción tivo como motivo os sobresaíntes resultados acadados polo equipo no recente Grand Prix Mediterranean Roma 2025, onde demostraron o seu talento e dedicación, traendo para Ourense un notable medalleiro:
- Alicia Pazos e Álvaro Seoane: Ouro na categoría U-12 show mixto e Bronce na categoría U-12 dúo mixto.
- Carla Seoane e Bea Nesi: Prata na categoría U-16 show feminino.
- Silvia Iglesias e Llucía Caneiro: Cuartas na categoría U-18 show feminino, rozando o podio cunha destacada actuación.
- Leire Carrera Prieto: Prata na categoría ne-waza -57Kg.
- Guillermo F. Arenas Jara: Bronce na categoría Adults ne-waza -69Kg.
- Rubén Córdoba Bermello: Quinto na categoría Adults fighting -94 Kg, cunha meritoria participación.
O alcalde e os concelleiros felicitaron persoalmente a cada un dos membros do equipo, recoñecendo o esforzo e a disciplina que os levaron a acadar estes importantes logros a nivel internacional. Estes éxitos non só enxalzan o nome do equipo Marbel, senón que tamén sitúan a Ourense no panorama do Jiu-Jitsu europeo.