O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a José Pablo Figueira Pimentel, propietario da barbería Chicho, que recentemente obtivo o distintivo Barberías con Encanto, 5 estrelas, e foi nomeado embaixador a nivel nacional da marca “Barberías con encanto” polo labor que desenvolve na súa barbería, que desde hai xa 55 anos desenvolve a súa actividade no barrio da Ponte.
O alcalde felicitouno polo premio recibido, que contribúe a poñer en valor o bo facer dos e das profesionais de Ourense neste sector de actividade, onde a cidade sempre contou cun recoñecido prestixio a nivel nacional.