HomeOurenseOurenseO alcalde recibe o tenente coronel, o comandante e o garda civil...

O alcalde recibe o tenente coronel, o comandante e o garda civil que evitou un suicidio na Ponte Nova

- Anuncio -spot_img

Gonzalo Jácome felicitou a actuación de Roberto Valente: “realizou un acto que necesita un recoñecemento da sociedade, por evitar unha traxedia”

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos o teniente coronel da Garda Civil, Rafael López Pinel, o comandante José Benito Fernández Santamarina e o garda civil, Roberto Valente López, que hai uns días evitou, coa súa intervención, un suicidio na Ponte Nova de Ourense.

O rexedor felicitou a actuación do garda: “realizou un acto que realmente necesita un recoñecemento da sociedade, por evitar unha traxedia”, e destacou a intervención, “tanto humana como profesional”, de Valente López. “Este recibimento é unha honra merecida para eles”, concluíu Pérez Jácome

Pola súa banda, Roberto Valente asegurou en relación á súa intervención, que “o tería feito calquera persoa” ao tempo que subliñaba que “forma parte do noso traballo”. Valente López ía conducindo un vehículo cando viu un home subido á varanda da ponte. Tras dirixirse a el, este díxolle que se quería suicidar. O garda baixouno e evitou que se producise a traxedia. Valente lembrou tamén a colaboración de dúas mulleres e de axentes da Policía Nacional.

Publicacións Relacionadas