HomeOurenseOurenseO alcalde recibe os loitadores do club ourensán Atila, que acadaron 5...

O alcalde recibe os loitadores do club ourensán Atila, que acadaron 5 medallas (2 oros, 2 pratas e 1 bronce) nos campionatos de España

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos o equipo ourensán Atila, logo da súa exitosa participación no campionato de España de loitas olímpicas (U23, U17 e U15), que se desenvolveu a pasada fin de semana na localidade sevillana de Carmona.

Os loitadores do equipo ourensán acadaron dous títulos de campión de España, por parte de Rafael Borrajo e Joel Crespo, e dúas medallas de prata, para Alexandre Grediaga e Artai Czarnecki. O Atila Wrestling acadou tamén o premio de 3º mellor equipo de España na categoría U15. Os catro deportistas acudiron á cita no Concello, acompañados polo adestrador, Jacobo Nóvoa, e o delegado Carlos Grediaga.

O alcalde felicitou a deportistas e o equipo polos excelentes resultados obtidos.

Publicacións Relacionadas