O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na sala de xuntas da Casa do Concello a directiva da Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións, Instalectro, unha entidade que conta con 85 empresas asociadas en toda a provincia.
O rexedor e os representantes da asociación falaron ao redor das fórmulas para axilizar trámites de obras e para a mellora da fluidez dos expedientes municipais.
Pé de foto: De esquerda a dereita, Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, e os representantes da directiva de Instalectro: Roberto Pumar, Francisco Meije -presidente- e Fernando González.