O alcalde reuniuse esta mañá coa Asociación Provincial de Construtores de Ourense (ACO)

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, reuniuse esta mañá coa Asociación Provincial de Construtores de Ourense, co Colexio de Aparelladores e o Colexio de Arquitectos de Ourense coa intención de sentar as bases para a constitución dunha mesa de traballo entre as partes.

O obxectivo desta mesa de traballo é o de colaborar para conseguir unha maior axilidade administrativa e concertar criterios de actuación que axuden a impulsar o desenvolvemento urbano e contribuír á dinamización da economía local.

Comparte este artigo