O auditorio municipal de A Peroxa acolle este venres 25 de outubro ás 18:00 horas o programa Interritmos: Emprendemento música de raíz. Capacitación e detección de talento.
Trátase dun proxecto de traballo en rede no que colabora o Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU, a Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes , o GDR Asociación Miño Ulla, a Fundación Paideia e a Fundación Paco de Lucia.
O acceso é libre para todos os públicos pero é preciso confirmación de asistencia no correo electrónico gdr11@adercou.com ou no número de teléfono 988 360 173 ANTES DO MERCORES 23, ÁS 10 HORAS.
Programa:
INTERRITMOS: EMPRENDEMENTO EN MÚSICA DE RAIZ
17:45 h Apertura de portas ao público
18:00 – 18:15h Presentación do Programa Interritmos: Emprendemento música de raíz, da man de Patricia Hermida (Manager – xestora cultural)
18:15 – 19:00 Faladoiro: FANDANGO E MUIÑEIRA, PROTAS DA VERBENA
Relatores:
Argentina – Cantaora de flamenco
Sheila Patricia, cantante é compositora
19:00 – 19:30h Showcase musical a cargo de AC Os Xuncos de Xunqueira de Espadanedo.
19:30h – 21:00h Networking e degustación de produtos locais.