Home A Coruña O BNG afirma que “esta debe ser a lexislatura da creación do...

O BNG afirma que “esta debe ser a lexislatura da creación do tren de proximidade en Galiza”

- Anuncio -

Bará anuncia a tarxeta multimodal ‘Toda Galiza’ cunha tarifa plana para moverse polo país en calquera medio público: tren, bus, barco ou taxi rural

“Esta debe ser a lexislatura da creación do tren de proximidade en Galiza”. Así o asegurou hoxe o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, na reunión que mantivo con representantes da Plataforma de persoas usuarias do tren de Media Distancia, ante quen confirmou a aposta do Bloque polo ferrocaril como “prioridade” á súa chegada ao goberno da Xunta.

O número un por Pontevedra valorou a situación do tren en Galiza, fundamentalmente na liña Vigo-A Coruña e A Coruña- Ourense, nun encontro no que estiveron presentes presencialmente a voceira do colectivo Iria Méndez, así como Iván Busto e Comba Torre, xunto a outras persoas usuarias que se conectaron en liña para trasladar as súas inquedanzas.

O nacionalista destacou que a creación do servizo de ‘cercanías’ en Galiza, un compromiso asumido polo goberno central no pacto de investidura do BNG, vai ser un dos grandes temas dos vindeiros catro anos. “Ten que ser unha realidade nesta lexislatura porque non pode ser que Galiza estea discriminada con respecto a outras comunidades, como por exemplo a veciña Asturias, onde existe este servizo xa dende hai moito tempo, e funcionando ben”, salientou.

A medio prazo o cabeza de lista sinalou como “imprescindible” traballar na intermodalidade, para o que anunciou que o BNG porá en marcha dende a Xunta a tarxeta multimodal ‘Toda Galiza’ que cunha tarifa plana de 30 euros permitirá a galegas e galegos moverse por todo o país en todos os transportes públicos: tren, bus, barco, e taxi rural a demanda. “Por 30 euros poderanse utilizar todos eses modos de mobilidade”, dixo, grazas á creación dun ‘Consorcio de Transportes’ que se encargue da xestión.

Bará recoñeceu que hai moitas necesidades no que respecta ao ferrocarril en materia de mellora de infraestruturas e de servizos, para recuperar frecuencias eliminadas, incrementar e adaptar frecuencias sobre todo en horarios nos que hai máis demanda, así como conseguir unha maior fiabilidade. Subliñou que dende o goberno da Xunta o BNG vai converter o tren nunha das prioridades na relación co Goberno central “para conseguir melloras nas infraestruturas, máis persoal, máis material rodante e mellores servizos”.

Por outra banda, o Bloque anunciou a creación dun ‘Departamento de ferrocarril’ co que o goberno galego poderá empezar a abordar a construción de infraestruturas e no futuro tamén a xestión da rede ferroviaria interna, o que o BNG denomina ‘Galtren’, tal e como está previsto no Estatuto. Así mesmo, propuxo a creación dunha ‘Mesa Galega do Tren’ con todas as entidades vencelladas a este medio de transporte para abrir unha interlocución e ver que propostas e melloras se poden levar adiante de maneira consensuada.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

Publicacións Relacionadas