HomeOurenseOurenseO Boletín Oficial da Provincia publica hoxe unha modificación das bases específicas...

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe unha modificación das bases específicas para a provisión libre de 12 prazas de bombeiro

- Anuncio -spot_img

Mediante acordo coa mesa xeral de negociación acordouse eliminar a fase de concurso para axilizar o proceso

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe unha modificación das bases específicas para a provisión por oposición de 12 prazas de bombeiro – condutor do Concello de Ourense.

Esta modificación é froito do acordo entre representantes dos traballadores e o goberno municipal, saído da mesa xeral de negociación, mediante o cal se suprime a fase de concurso para axilizar o proceso selectivo e poder contar antes con estes profesionais.

Así, o proceso selectivo celebrarase mediante oposición, no cal os participantes deberán superar diferentes exercicios: probas de aptitude física, con control antidopaxe e valoración médica (con carácter eliminatorio), proba psicotécnica, teórica, coñecemento da cidade, coñecemento da lingua galega (agás quen posúa o CELGA 4) e, por último unha proba práctica de condución cos vehículos de bombeiros.

Para coñecer con máis detalle os requirimentos de cada unha das probas pode consultarse o BOP de hoxe, día 2 de febreiro (https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=26&fecha=20210202). Os interesados terán un prazo de 20 días naturais para presentarse a este proceso unha vez se publiquen as bases no Boletín Oficial do Estado.

Publicacións Relacionadas