Home Ourense O Campamento Urbano de Amencer celebra este verán a súa 34 edición...

O Campamento Urbano de Amencer celebra este verán a súa 34 edición dunha forma ‘aberta, gratuíta e segura’

- Anuncio -

A inscrición -previa, gratuíta e obrigatoria- pódese realizar a través do espazo web de Amencer.org ou da Concellería de Xuventude

Desenvólvese do 2 ao 12 de agosto co lema ‘A diversión de sempre’

A concelleira de Xuventude, Flora Moure, salientou na presentación a súa satisfacción polo traballo de Amencer “porque Ourense e a súa mocidade vos necesitan”

A edición número 34 do Campamento Urbano, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer co apoio, entre outros, da Concellería de Xuventude, presentouse esta mañá no salón de plenos coma unha actividade “aberta, gratuíta e segura”, en palabras de Xulio César Iglesias, director de Amencer. Desenvolverase do 2 ao 12 de agosto baixo o lema ‘A diversión de sempre’.

Trátase dunha proposta educativa aberta á participación de toda a rapazada de entre 8 e 16 anos de idade, especialmente destinada a aquela que non poida gozar doutras opcións de lecer en verán por motivos diversos, e que axudará a conciliar da vida laboral e de tempo libre de moitas familias da cidade. Neste sentido, a concelleira de Xuventude, Flora Moure, manifestou a súa satisfacción polo labor da Asociación Amencer: “Non planeastes deixar de facer nin unha soa edición, porque Ourense e a súa mocidade vos necesitan”.

En Ourense desenvólvese o Campamento Urbano ininterrompidamente desde 1988, constatando unha moi boa acollida por parte da cidade cunha ampla participación. Así, o número de participantes foi medrando dende os 170 rapaces e rapazas da súa primeira edición a un total de1.158 persoas na última edición “normalizada”, no verán do 2019. O pasado verán, en plena época Covid, foron 426 os participantes. A día de hoxe xa hai 300 rapaces e rapazas pre inscritos para esta edición.

Entre os obxectivos que se pretende acadar co Campamento Urbano están os de ofertar un tempo libre educativo e de calidade para a rapazada da cidade, que favoreza a educación en valores humanos e a educación para a saúde dende o xogo, a diversión e o aprender. A filosofía, un ano máis, será a de facilitarlle a participación no Campamento sen necesidade de saír da cidade a calquera neno ou nena, mozo ou moza que, por motivos de idade, estudos, económicos ou familiares, non poidan gozar das vacacións de verán. Dun xeito especial, a colectivos en situación de vulnerabilidade e risco social.

Outro dos obxectivos é o de “descubrir a cidade e convertela nun lugar seguro e de festa”, segundo Xulio César Iglesias. A idea é empregar as instalacións cidadás como escenario de actividades e xogos, motivando un uso positivo e creativo de tempo libre na cidade.

Grupos seguros. O Campamento Urbano adáptase ás normativas sanitarias respectando e cumprindo a lexislación e potenciando a seguridade nos participantes, acentuando nesta ocasión o ámbito hixiénico-sanitario. Estas medidas poden sufrir actualizacións segundo as limitacións que vaian aprobando as autoridades sanitarias neste sentido, e que resulten de aplicación no ámbito territorial do concello de Ourense.

Inscrición previa. Por este motivo, desde a organización insístese na necesidade de preinscribirse -a través do espazo web de Amencer.org, nas súas dependencias do colexio Salesianos ou a través da Concellería de Xuventude- para ir conformando grupos burbulla seguros para eles mesmos e para os demais.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas