A concelleira de Xuventude, Flora Moure, destacou que “son 35 edicións xa dunha actividade que forma parte do patrimonio social e de dinamización xuvenil da cidade. Non hai verán en Ourense sen o Campamento Urbano que tan ben desenvolven en Amencer, a cuxos representantes lles dou as grazas en nome do goberno municipal”
Este ano o lema escollido é “Paixón do verán”. Na presente edición, a número 35, a Asociación Xuvenil Amencer subliña que o Campamento Urbano volve coa forza e a paixón dos veráns prepandemia
Para facer a preinscripción no mes de xullo será nos locais de Amencer, nos baixos do colexio salesiano, de 09:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Para maior información, no teléfono/FAX é 988 21 81 23, na páxina web amencer.org e no correo electrónico amencer@amencer.org
É preciso para poder participar facer a inscrición previa, que é gratuíta, non hai número limitado de prazas, e pódense inscribir durante o campamento urbano, incluso ata o último día, o xoves 11 de agosto
O verán en Ourense ten un símbolo que marcou a varias xeracións de ourensáns, e ese non é outro que o Campamento Urbano de Amencer. Así, esta mañá foi presentada, no Salón de Pleno do Concello, a 35ª edición deste evento.
A concelleira de Xuventude, Flora Moure, destacou que “son 35 edicións xa dunha actividade que forma parte do patrimonio social e de dinamización xuvenil da cidade. Non hai verán en Ourense sen o Campamento Urbano que tan ben desenvolven en Amencer, a cuxos representantes lles dou as grazas en nome do goberno municipal”.
Por iso, Flora Moure explicou que non é casual que o Concello apoie sen fisuras esta actividade. “Porque fai cidade e porque é un evento do que todos sentimos moi orgullosos. Tan ben fan as cousas en Amencer que, durante os dous últimos anos, aínda que a pandemia estaba nas súas etapas máis duras, souberon adaptarse e dar exemplo de como se fan ben as cousas nos tempos máis difíciles. Gustaríame destacar unha das claves do bo facer do Campamento Urbano, e é a súa autoavaliación constante. Cada edición recolle as suxestións dos participantes da anterior, fixando así unha evolución constante e fundamentada. Un exemplo de compromiso e de traballo en aras de superarse cada día”.
Este ano o lema escollido é “Paixón do verán”. Cada ano escollen un lema que indica o obxectivo específico de cada verán. Na presente edición, a número 35, a organización subliña, de forma moi acertada, que o Campamento Urbano volve coa forza e a paixón dos veráns prepandemia. “A todos ilusiónanos recuperar a normalidade, aínda que o virus siga entre nós, pero desde logo que cando as cousas fanse ben, como se fan en Amencer, todos as recibimos con tranquilidade e unha tremenda satisfacción. Por iso, animo a todas as familias con fillos en idades de participar que non o dubiden”, recalcou Flora Moure.
A partires deste lema, “Paixón do verán”, xa están deseñados nove días completos de actividades pola mañá e pola tarde para os menores de 16 anos e para os maiores de 15 pola noite. Os horarios son dende as 10’30 ata as 13’30 e dende as 16’30 ata as 19’30 para os mais cativos e para os maiores de 15 anos dende as 22’30 ata ás 00’00 horas.
A base do campamento urbano será, como xa é tradicional, no colexio salesiano da nosa cidade, o lado da Ponte Romana. A entrada para participar no campamento urbano será polo portón máis preto a Ponte Romana.
Para facer a preinscripción no mes de xullo será nos locais de Amencer, nos baixos do colexio salesiano, de 09:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Para maior información, no teléfono/FAX é 988 21 81 23, na páxina web amencer.org, e no correo electrónico amencer@amencer.org
É preciso para poder participar facer a inscrición previa, que é gratuíta, non hai número limitado de prazas, e pódense inscribir durante o campamento urbano, incluso ata o último día, o xoves 11 de agosto.