HomeOurenseO Campo da Feira acollerá este domingo “Nadal entre irmáns”, que achegará...

O Campo da Feira acollerá este domingo “Nadal entre irmáns”, que achegará á cidade a gastronomía, música e tradicións de Colombia e Venezuela

- Anuncio -spot_img

A actividade está organizada pola Asociación de Colombianos de Ourense coa colaboración do Concello

Haberá 19 postos de gastronomía e emprendedores e animación musical con 4 grupos e solistas e un DJ

O Campo da Feira acollerá o domingo, 7 de decembro a actividade “Nadal entre irmáns”, organizada pola Asociación de Colombianos de Ourense coa colaboración do Concello e diferentes empresas. Con entrada gratuíta, desde as 12 da mañá até a noite reunirá 14 postos de gastronomía tradicional de Colombia e Venezuela, 5 expositores de persoas emprendedoras, actividades típicas desta celebración como o acendido de veas, un coro infantil, xogos tradicionais, e música en vivo, coa actuación de Los Coleguitas, Latinshow, Santiago Cely e Keyla Guerra, ademais dun DJ.

O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación da actividade, nun acto no que participaron o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a presidenta da  asociación de colombianos de Ourense, Rina Dayana Rolong xunto con Sandra Hoyos Godoy, representante dos emprendedores participantes e María de los Ángeles Moreno, voluntaria da asociación.

As organizadoras convidaron a todo o público ourensán a achegarse a esta festa, que será unha grande oportunidade para coñecer as tradicións do Nadal en Colombia e Venezuela. “Celebraremos o Nadal típico de Colombia e Venezuela, con actividades como o acendido de velas, que é unha tradición moi especial nestas datas de Nadal, nas que chega a esperanza. Haberá comida típica dos nosos países, festín, música… Queremos compartir o Nadal entre irmáns. É un evento para todas as persoas de Ourense, haberá musica colombiana e música de aquí, para que a xente se anime a bailar e a compartir con nós esta celebración, como nós compartimos as tradicións de acá”, sinalaron.

Publicacións Relacionadas