HomeOurenseO Campo da Feira acollerá este sábado a 2ª Xuntanza de Músicos...

O Campo da Feira acollerá este sábado a 2ª Xuntanza de Músicos de Ourense, cun xantar e 4 horas de música en directo

- Anuncio -spot_img

O encontro organizado por Miguel Domínguez co patrocinio do Concello é unha homenaxe aos músicos falecidos, no día de Santa Cecilia

O Campo da Feira acollerá o vindeiro sábado, 22 de novembro, a segunda edición da Xuntanza de Músicos de Ourense. Unha iniciativa do músico ourensán Miguel Domínguez, que pretende lembrar os músicos ourensáns que nos deixaron recentemente, coincidindo coa celebración da festividade da padroa dos músicos, Santa Cecilia.

O Concello de Ourense patrocina esta actividade, que se desenvolverá desde as 13.30 horas até aproximadamente as 19.30 horas. Comezará cunha comida de confraternidade e, a continuación, as actuacións de grupos musicais de Ourense, desde as 15.30 até as 19.30 horas.

A día de hoxe xa están confirmados 11 grupos, tanto noveis como veteranos, que interpretarán 3 cancións cada un. Serán en total 52 músicos os que subirán ao escenario durante as 4 horas de música en directo previstas para a xornada. A entrada para as actuacións é gratuíta.

O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación desta xuntanza, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e o organizador, Miguel Domínguez. Será a segunda edición dun evento que se desenvolveu por primeira vez en 2023 no restaurante Praia Club de Oira, acadando un grande éxito de participación, tanto de músicos como de público en xeral, que fixo que o interese por participar superase amplamente a capacidade do propio local. O Concello aposta por esta celebración e nesta segunda edición implícase como patrocinador, ademais de ceder como escenario un espazo de maior capacidade, como é o Campo da Feira.

A organización ten aínda aberto o prazo de inscrición para os grupos que desexen actuar (a través do teléfono 659549899). Así mesmo, as persoas que desexen acudir á comida poden reservar nos teléfonos 670361234 e 659549899. A entrada aos concertos é de balde.

Publicacións Relacionadas