Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación impulsará a actividade dos pulpeiros do Carballiño e Arcos como...

A Deputación impulsará a actividade dos pulpeiros do Carballiño e Arcos como “embaixadores da nosa gastronomía e dinamizadores do territorio”

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse co presidente e vicepresidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño – Arcos, Roberto Pereira e Jesús Pereira

Manuel Baltar destaca as repercusións dunha liña de colaboración que “permitirá á asociación e aos seus asociados avanzar no seu posicionamento, reforzando a súa proximidade coa clientela e cunha aposta pola imaxe para referendar o carácter xenuíno dos pulpeiros desta comarca”

O presidente do goberno provincial reivindica a alianza co tecido asociativo: “A Deputación confía na capacidade estimuladora e creadora de riqueza das asociacións e entidades que operan no noso territorio; e o tecido asociativo confía na Deputación pola nosa probada fortaleza para tecer colaboracións que permitan seguir favorecendo o crecemento de Ourense”

Roberto Pereira valora “un apoio importantísimo, un empuxe vital nun momento complicado que agardamos poder devolver a todo Ourense e á comarca do Carballiño”

O presidente da asociación resalta que a través desta colaboración, “a primeira pública que recibimos en 14 anos”, as máis de 30 familias pulpeiras asociadas poderán avanzar no seu plan conxunto de dinamización e posta en valor da figura do pulpeiro

A Deputación de Ourense impulsará a actividade dos pulpeiros do Carballiño e Arcos, para “axudar a reforzar o que son dende sempre: uns referentes e embaixadores da nosa gastronomía e dinamizadores do noso territorio”, segundo resaltou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala reunión co presidente e o vicepresidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño – Arcos, Roberto Pereira e Jesús Pereira.

“Esta liña de cooperación”, destaca Manuel Baltar, “permitirá á asociación e aos seus asociados avanzar no seu posicionamento, reforzando a súa proximidade coa clientela a través das novas tecnoloxías e cunha importante aposta pola imaxe e a comunicación para referendar o carácter xenuíno dos pulpeiros desta comarca, auténticos símbolos de Ourense e de toda Galicia”.

“Este é un novo exemplo da nosa forma de traballar. Estamos en permanente contacto coas asociacións e entidades da provincia nunha relación absolutamente clave para Ourense”, valora Manuel Baltar, que reivindica a alianza do goberno provincial co tecido asociativo ourensá: “A Deputación confía na capacidade estimuladora e creadora de riqueza das asociacións e entidades que operan no noso territorio; e o tecido asociativo confía na Deputación pola nosa probada fortaleza para tecer colaboracións que permitan seguir favorecendo o crecemento de Ourense”.

En nome da Asociación Pulpeiros do Carballiño – Arcos, Roberto Pereira quixo agradecer o apoio da Deputación de Ourense: “Para nós é importantísimo. Este é un empuxe moi importante nun momento complicado, trala saída dunha pandemia na que case non puidemos traballar e no actual contexto de inflación. Agardamos poder devolver este apoio a todo Ourense e á comarca do Carballiño”.

O presidente da entidade resalta que a través desta colaboración, “a primeira pública que recibimos en 14 anos”, as máis de 30 familias pulpeiras asociadas poderán avanzar no seu plan conxunto, con fitos como “unificar a imaxe do centenar de vehículos e carpas que empregamos, mellorar as nosas infraestruturas, seguir progresando na modernización da asociación e reforzar a nosa presenza en eventos de toda Galicia e tamén fóra”.

Obxectivos da Asociación de Pulpeiros do Carballiño – Arcos

Segundo explican, a Asociación de Pulpeiros do Carballiño -Arcos naceu baixo “a protección do saber facer dun pobo que dende o século XVIII se dedica a cociñar o ‘Polbo á feira’, de xeito artesanal e tradicional, na parroquia carballinesa de Santa María de Arcos”. Nesta entidade agrúpanse, remarcan, “as familias que dende entón traballan o polbo día tras día en toda a xeografía de España e no estranxeiro do mesmo xeito, ata hoxe, sen cambiar a esencia da súa elaboración e tradición, pasando ese bo traballo de xeración en xeración”.

A Asociación de Pulpeiros do Carballiño – Arcos sitúa como obxectivo principal “poñer en valor a figura dos pulpeiros, mellorando o seu coñecemento e posicionamento como símbolo da gastronomía”. Entre os pasos deseñados pola entidade están fitos como redeseñar e reposicionar a imaxe da asociación; fortalecer e difundir unha imaxe única en todos os elementos vinculados á asociación; adaptarse e facer uso dos novos canles de comunicación para chegar aos potenciais clientes -internet, redes sociais, mailing..-; realizar eventos con impacto social ou innovar con proxectos vinculados ao mundo do pulpo, como unha aplicación de xeolocalizador para “localizar ao teu pulpeiro máis próximo”.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

A concelleira de Educación recibe o alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance

0
O IES A Laboral acolle estudantes das rexións francesas da Bretaña e de Lorraine A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá no salón...

O PP de Ourense denuncia o desmantelamento da seguridade na provincia, coa supresión constante...

0
● A secretaria da xestora provincial e alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, compareceu esta mañá xunto aos alcaldes de Lobeira e Lobios e o...

A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da...

0
A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Publicacións Relacionadas