O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o tenente de alcalde, José Castro. Os tres destacaron que o encontro foi “moi produtivo e con total compromiso e consenso para solucionar os problemas dos veciños e veciñas do Carballiño”
Tratáronse asuntos de interese para o Carballiño, como a mellora das infraestruturas deportivas da vila do Arenteiro, o desenvolvemnto de proxectos como o Complexo Deportivo de A Uceira, optimizar os usos da Residencia de Tempo Libre, melloras en viais e infraestuturas e programación cultural
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e ao tenente alcalde, José Castro. Os máximos representantes da Deputación Provincial e do Concello do Carballiño acordaron traballar conxuntamente a prol da mellora de servizos e da calidade de vida da veciñanza da vila do Arenteiro.
Menor, Fumega e Castro destacaron que o encontro foi “moi produtivo e con total compromiso e consenso para solucionar do mellor xeito posible os problemas dos veciños e veciñas do Carballiño, no que estamos comprometidos tanto no Concello como na Deputación”.
Neste encontro de traballo institucional tratáronse asuntos de interese para a vila carballiñesa e nos que se solicitou a colaboración da Deputación, como son a necesidade de mellora das súas infraestruturas deportivas, nomeadamente no pavillón, coa fin de captar novoso usuarios. Tamén se abordou a oportunidade de avanzar na programación de obras no complexo de A Uceira, optomizar os usos da Residencia de Tempo Libre; melloras viarias e infraestruturas e programación cultural e deportiva.