José Castro-Gil Seijas, Elvira Torres González, Diana González Fumega, e Miguel Fernández Castro, en representación do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño, ó abeiro do disposto no artigo 27 do Regulamento de Organización Municipal presenta, ante o Pleno da Corporación, a seguinte MOCIÓN para o seu debate no seguinte Pleno que se celebre:
INTRODUCCIÓN
A prevención de incendios forestais é unha prioridade para protexer os nosos pobos do medio rural , os nosos bosques e o noso entorno natural. Temos no verán unha época de alto risco e unhas zonas forestais nas que debemos actuar antes desta época de risco.
A silvicultura preventiva, que consiste en controlar e ordenar os combustibles vexetais reducindo a combustibilidade das estruturas vexetais, é fundamental na prevención de incendios.
Os plans de prevención e defensa contra incendios anuais teñen medidas específicas para o entorno periurbano de entidades locais.
A educación e concienciación son fundamentais dende nenos. A prevención comeza na educación. É fundamental concienciar á poboación sobre prácticas en áreas forestáis en épocas de risco.
EXPLOSIÓN DE MOTIVOS:
– Que ante a pronta chegada da época de lumes e a pouca prevención contra o lume que se fai neste Concello nos anos anteriores.
– Ante a falla de Planificación polo Concello, sempre ten problemas co Convenio de debroces coa Consellería do Medio Rural.
– O abandono das zonas rurais por parte do Concello, en especial as rozas de franxas secundarias.
– Non ter brigada municipal nin Motobomba conveniada coa Xunta.
– A desfeita das presas nos ríos, con falla de mantemento que provoca unha merma na capacidade de embalsar auga, moi importante nestes períodos de seca.
– A falla de limpeza nos ríos, con restos de árbores e cauces abandonados.
Polo que solicitamos :
• Que as brigadas e tractores do Concello empecen na primavera co desbroce e limpeza de árbores no rural nas faixas secundarias de competencia municipal.
• Que o Concello presente en tempo e forma o Plan de actuacións Previas coa Xunta de Galicia
• Que nos posteriores Convenios coa Xunta se convenien brigadas municipais de desbroce e extinción de lumes forestais e motobombas, como fan casi todos os Concellos da Comarca. • Tramitar coa Confederación o arranxo das Presas e leitos dos ríos do Concello