Home Deputacións Deputación Ourense O Carballiño convertese en plataforma das artes escénicas coa celebración da 32ª...

O Carballiño convertese en plataforma das artes escénicas coa celebración da 32ª edición do Festival de Teatro Galego

- Anuncio -

Teatro, monólogos, espectáculos de rúa e mesas redondas encherán de actividades culturais a vila do Arenteiro do 5 ao 7 de setembro, nunha cita na que destaca a estrea, fóra de concurso, dunha nova produción do Centro Dramático Galego

Na presentación do festival, o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández destacou que o evento “se supera ano tras ano e consolídase como unha citas máis antigas e de referencia no mundo do teatro en Galicia, onde sempre gozamos dos mellores espectáculos baixo o criterio de dúas premisas: a calidade e a eficiencia”.

Teatro, monólogos, espectáculos de rúa e mesas redondas encherán de actividades culturais a vila do Carballiño coa celebración, do 5 ao 7 de setembro, da 32 edición do Festival de Teatro Galego “Celso Parada” (FETEGA), unha cita co mundo da escena na que destaca a estrea, fóra de concurso, dunha nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) titulada Serva me, serbato te. O festival foi presentado hoxe no centro cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández; o director de FETEGA, Carlos Ledo; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; e o director do CDG, Fran Núñez.

Rosendo Fernández destacou na súa intervención que “a vila do Arenteiro vestirase de gala para acoller, nunha edición máis, un festival que se supera ano tras ano e se consolida como unha citas máis antigas e de referencia no mundo do teatro en Galicia”. En FETEGA, dixo, “sempre gozamos dos mellores espectáculos e dunha ampla programación con moi diversas actividades, pero sobre todo baixo o criterio de dúas premisas: a calidade e a eficiencia”. Ademais de destacar un evento no que está moi presente a colaboración institucional desde a Deputación de Ourense, tamén tivo palabras de recoñecemento para a que foi a directora do festival e agora responsable artística, Josi Lage, “que deixou o listón moi alto”.

Carlos Ledo subliñou pola súa banda que “neste 2021 presentamos unha programación reducida debido ás actuais condicións, pero cun gran espírito de recuperación para amosar, unha vez máis, que este festival ten personalidade propia, programa de xeito diferente e atende outras artes escénicas como a danza”. Nesta liña, agradeceu “que logo de vinte anos o CDG regrese ao Carballiño para inaugurar o festival coa estrea da súa nova obra”. Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, amosou a súa satisfacción por participar neste evento “presentando unha aposta arriscada baseada na linguaxe corporal, ademais de destacar o especial esforzo que nestes tempos supón saír do Salón Teatro de Santiago”. Entre tanto, Diego Fernández agradeceu o labor dos voluntarios do festival “para facer cultura, que tamén é unha ferramenta para saír destes tempos”.

A presente edición do FETEGA inclúe, como recoñecemento á profesión dos programadores, a entrega do premio de honra “Dorotea Bárcena 2021” a Marta Núñez, “por unha intensa actividade non só recoñecida pola súa labor á fronte do Auditorio Municipal de Vigo, senón tamén por xerar ideas que marcan tendencia e demostran a súa visión ampla nun dos postos máis descoñecidos polo público e de maior dificultade”.

Programación

A 32ª edición do Festival de Teatro Galego terá dous escenarios clave: o auditorio municipal, onde se presentarán as obras de teatro sempre a partir das 10.00 horas, e a Casa da Cultura, onde desde ás 19.00 horas o público poderá gozar dos monólogos. Así, o domingo 5 de setembro no auditorio está programada a estrea da obra do CDG Serva me, servabo te; o luns, día 6, será a quenda para a compañía Traspediante coa obra Bailar agora; e na última xornada, día 7, La Quintana Teatro estreará O Premio.

Polo que respecta aos monólogos, o día 5 na Casa da Cultura Patty Diphusa-Malala Ricoy presenta o seu traballo Sexo seguro, seguro? Seguro! A compañía O Chuso de Catoira interpretará o día 6 Un vikingo no Fetega; e no último día do festival, o martes 7, Marta Doviro falará das súas Memorias dunha rapasa na costa.

Como actividades paralelas haberá teatro de rúa con Barafunda, que ao longo do festival presentará os espectáculos titulados A rede social, Carballiño me gusta e O Mundo interactúa no Fetega. Na sala de exposicións do auditorio están programadas dúas mesas redondas que abordarán A violencia de xénero escondida na arte, e O amor versus a sexualidade: ferramentas de subxugación ao rol feminino.

O festival pecharase o martes día 7 coa entrega do citado premio de honra, así como dos galardóns á mellor actriz e actor, ao mellor espectáculo e monólogo cómico.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas