Home Terra de Celanova Celanova O CeMAC volverá a converter a Celanova na capital do audiovisual galego

O CeMAC volverá a converter a Celanova na capital do audiovisual galego

- Anuncio -

A Deputación de Ourense colabora coa XIX edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que se celebrará do 27 ao 30 de xuño

Fatum, Unicorn Wars, O home e o can, Honeymoon e María Casares. A mulller que viviu mil vidas, serán os filmes protagonistas deste ano, xunto co xa consolidado taller audiovisual “Celanova, plató de ficción”

A vila de San Rosendo volverá a converterase na capital do audiovisual galego do 27 ao 30 de xuño coa celebración da XIX edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC). Esta nova edición, que promove a Fundación Carlos Casares, coa Deputación de Ourense, Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, e coa colaboración de AGADIC, do curso de Verán de Extensión Universitaria “Rodamos! O audiovisual no fío do futuro”, reunirá novamente a especialistas e profesionais do sector para disertar ao redor das súas diferentes disciplinas.

A presentación do CeMAC 2023 tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, coa presenza do deputado de Cooperación en funcións, Pablo Pérez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Javier Rodríguez Rajo; o secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido; e o técnico de Cultura do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro.

Esta acción formativa, iniciada hai vinte anos co curso “Cine e literatura. Casares e o cine” (2004), “moi entroncada coa realidade cultural da nosa provincia que ten a súa sede en Celanova, un territorio que xa por méritos propios ten un oco no mundo do audiovisual, sendo este unha gran oportunidade para amosar as moitas e diversas potencialidades que brinda o noso territorio”, destacou Pablo Pérez. Así mesmo, o deputado provincial en funcións afirmou que “o apoio da Deputación de Ourense ás rodaxes na nosa provincia está consolidado xa coa posta en marcha da “Ourense Film Comission”, ferramenta imprescindible para converter este territorio nun espazo perfecto para atraer proxectos audiovisuais”.

Pola súa banda, o vicerreitor do Campus de Ourense lembrou que un dos obxectivos da Universidade é “abrirse á provincia de Ourense para achegala a todas as comarcas e, unha ferramenta moi boa para elo, son estes cursos de extensión universitaria que levan o valor engadido de que un bo número de persoas non só aprenden nestes cursos senón que teñen a oportunidade de vivir eses territorios”. O CeMAC é “un dos cursos máis lonxevos da Universidade de Vigo e cada vez ten máis forza, completándose moi rápida as prazas ofertadas que permitirá este ano formarse a 30 alumnos”, sinalou Javier Rodríguez.

Pola súa parte, Gabriel Alén afirmou que Ourense é “a provincia do audiovisual” e este tipo de iniciativas contribúen a “dar visibilidade ao mellor deste sector e a promover unha convivencia durante unha semana entre alumnos, profesores e profesionais”. Neste sentido, Antonio Piñeiro afirmou que ao longo destes vinte anos de camiño deste curso “ten pasado por Celanova todo o audiovisual converténdose a nosa vila nunha extensión do Ourense Film Festival na súa versión máis académica”.

Programación do CeMAC 2023

O secretario da Fundación Carlos Casares dixo que durante estas 19 edicións, nestes vinte anos do curso, “debemos destacar tres feitos importantes que ofrecemos á sociedade: a transferencia de coñecemento e de experiencias profesionais, establecer redes entre os profesionais, o alumnado e o profesorado, así como o ambiente de colaboración institucional que existe neste curso que é modélico”.

Na xornada do martes, 27 de xuño, que comezará pola tarde, reproducirase o filme de ficción de 2023, Fatum, trala que intervirá o seu director e guionista Juan Galiñanes co seu relatorio “Dirixir e guionizar Fatum. O Xogo da ficción”. Posteriormente, María Liaño, directora de produción e Miriam Devesa, xefa de produción, protagonizarán a charla sobre “A produción de Fatum. Vaca Films”.

Ao día seguinte, o 28 de xuño, Fatum volverá a ser o protagonista da programación do curso. Nesta ocasión para falar da súa música con Manuel Riveiro, da dirección de arte con Alexandra Fernández, e da postprodución cpm Diego Staub sobre o son, con Pablo Lamosa sobre a imaxe, e con Fernando Alfonsín sobre os efectos). Pola tarde, centraranse en Unicorn Wars (ficción, 2022), coa charla do seu director Alberte Vázquez e da súa produtora Chelo Loureiro.

O xoves 29 de xuño, o alumnado poderá afondar na proxección audiovisual O home e o can (ficción, 2022) a través do relatorio do seu director e guionista, Ángel de la Cruz; da fotografía a través de Pablo Fontenla; e do seu traballo como actriz no filme con Paula Chaves. Pola tarde, celebrarase unha masterclass a cargo do director de Honeymoon, Enrique Otero e, posteriormente, analizarán a arte e a fotografía do filme o seu director de fotografía, Sergio Franco e a súa directora de arte, Inés Rodríguez. Para pechar a xornada, o compositor Pablo Pérez ofrecerá un relatorio baixo o título “Compoñendo a música dunha road-movie”.

O último día do curso, o 30 de xuño, comezará co filme María Casares. A muller que viviu mil vidas (documental, 2023) co seu director Xavier Villaverde, quen posteriormente impartirá unha masterclass sobre a construción dun documental profesional. Por último, para clausurar esta nova edición, volverá por undécimo ano consecutivo o Taller Audiovisual “Celanova, plató de ficción”. Crónica dun recordo, dirixido por Zahira Teijelo. Trátase dunha experiencia eminentemente práctica que está dirixida ao alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Comunicación, que ten como obxectivo a produción dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Arbo para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación continúa este mércores en Tomiño as visitas do seu servizo de vixilancia,...

0
Os técnicos do SEVIC visitarán uns 80 establecementos comerciais da localidade co obxectivo de que sexan parte activa na xestión responsable dos biorresiduos A Deputación...

Luisa Sánchez participa no acto de presentación da cuarta edición da Feira Mindtech

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes no IFEVI de Vigo no acto de presentación da Feira Mindtech, que chega...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Dozón e Silleda para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou este luns os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da...

A Deputación ultima os días para visitar no Museo de Pontevedra a exposición ‘Acisclo...

0
A mostra reúne pezas de máis de seis décadas de traxectoria creativa do escultor ourensán A Deputación clausura este domingo no Museo de Pontevedra a...

Luis López eloxia a Volta Galicia BTT, a primeira proba UCI por etapas de...

0
O presidente da Deputación mantén un encontro cos organizadores da primeira edición desta competición, que consolida á provincia como un destino turístico descentralizado e...

Publicacións Relacionadas