HomeOurenseO cIA do Concello de Ourense analiza na súa última charla a...

O cIA do Concello de Ourense analiza na súa última charla a Intelixencia Artificial aplicada aos negocios

- Anuncio -spot_img

O profesor Jorge Martín explicará o uso de algoritmos matemáticos para a análise científica de datos co obxectivo de facer máis eficientes os procesos de xestión empresarial

Jesús Manuel García, director do centro asociado da UNED en Ourense, clausurará posteriormente o II ciclo Os Venres con IA

A charla poderá verse o venres 28 de maio a partir das 12:00 horas na canle de vídeos do cIA: https://youtu.be/vWPv9FcPH4s

Jorge Martín Arevalillo, profesor da Facultade de Ciencias da UNED, ofrecerá este venres a última conferencia do II ciclo de seminarios ‘Os venres con IA’, organizado polo Centro de Intelixencia Artificial (cIA) do Concello de Ourense. No seu relatorio, “Ciencia de datos para a analítica do negocio e da xestión empresarial”, explicará o uso de algoritmos matemáticos para a análise científica de datos co obxectivo de facer máis eficientes os procesos de xestión empresarial.

Como parte do seu labor investigador e de transferencia de coñecemento, traballa no desenvolvemento e aplicación de algoritmos que xeren valor engadido de negocio, avanzando na innovación e na transformación dixital. As investigacións realizadas neste campo permitiron proporcionar servizos de formación e consultoría científico-técnica nos sectores da banca, seguros, retail e administración pública.

Logo do seu relatorio, será o propio Jesús Manuel García, director do centro asociado da UNED en Ourense, quen clausure este segundo ciclo de conferencias divulgativas sobre as aplicacións da Intelixencia Artificial.

A charla poderá verse o venres 28 de maio a partir das 12:00 horas no seguinte enlace de vídeo: https://youtu.be/vWPv9FcPH4s

Publicacións Relacionadas