– Esta mañá foi presentada a XIII edición do circuíto de carreiras
– As persoas interesadas xa poden inscribirse
Aníbal Pereira, concelleiro de Deportes, presentou esta mañá unha nova edición do circuíto de carreiras Correndo por Ourense, organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que fai este ano 13 edicións. Na presentación estivo acompañado dos colaboradores na organización, o xerente do Consello Municipal de Deportes e o representante da Federación Galega de Atletismo, Eladio Rosales.
O domingo, 27 de abril, será a primeira das carreiras, que percorrerá as rúas do barrio do Vinteún. A seguinte cita será no barrio do Couto, o 24 de maio. De seguido terá lugar a carreira do centro da cidade, o 07 de xuño; o 29 de xuño, o Trail Oira – San Tomé, seguirán a de Mariñamansa, o domingo 07 de setembro; a da Ponte o 19 de outubro para rematar na Carballeira, o 19 de outubro.
A inscrición pode facerse desde o espazo web https://correndoporourense.com, que contén ademais toda a información das probas.