HomeOurenseO CMD avaliará as solicitudes de indemnización das concesionarias que tiveron que...

O CMD avaliará as solicitudes de indemnización das concesionarias que tiveron que pechar pola pandemia

- Anuncio -spot_img

O presidente do Consello Municipal de Deportes (CMD) do Concello de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, informoulles esta mañá aos grupos políticos presentes durante a xuntanza telemática do Consello Reitor, celebrada este mediodía, de que o CMD avaliará as solicitudes presentadas por diferentes empresas concesionarias que demandan indemnizacións polos prexuízos económicos que lles ocasionou o peche da súa actividade durante a pandemia.

A de maior contía é a presentada pola empresa BeOne, que xestiona instalacións deportivas municipais, e que demanda unha cantidade compensatoria próxima aos 200.000 euros. Tamén demandan unha compensación outras empresas concesionarias dos recintos municipais de Oira ou no Pavillón dos Remedios

Unha vez recibidas as solicitudes, o CMD procederá a avalialas unha por unha para adaptar en cada caso a resolución que proceda.

Publicacións Relacionadas