Home Ourense O Carballiño O cole de Cea rende homenaxe aso Mártires de Oseira

O cole de Cea rende homenaxe aso Mártires de Oseira

- Anuncio -

· O acto realizarase o vindeiro xoves, 22 de abril, coincidindo co 112 aniversario do suceso.
· Durante o acto, inaugurarase no centro unha placa en memoria das vítimas.
O alumnado de sexto curso de primaria do Cole de Cea, tras a realización dun proxecto
de Educación Patrimonial e, en concreto, sobre patrimonios conflitivos, fixeron un traballo de indagación sobre o baldaquino do Mosteiro de Santa María de Oseira.
Ese tráxico día, sete persoas, entre elas unha muller embarazada e unha nena, faleceron a causa dos disparos da Garda Civil, baixo a orde do seu tenente; outras dúas, morreron nos días sucesivos. O seu delito: defender o baldaquino de madeira que cubria o altar maior, para que non o levaran da parroquia. Esta noticia provocou un gran impacto, incluso a
nivel internacional, producíndose revoltas e manifestacións. Tamén foi motivo de disputa no
parlamento en Madrid, durante o goberno de Maura.
O baldaquino, foi destruído moitos anos despois; malia iso, quedan dúas pezas no mosteiro restauradas. Tamén se poden apreciar os impactos das balas na fachada da capela que dan testemuño daquel desafortunado suceso.
O alumnado, facendo un exercicio de reflexión, decide que a mellor maneira de intentar reparar os erros acometidos no pasado é seguir mantendo viva a memoria das vítimas. A
mellor maneira non é outra que manter viva a súa historia, tecendo un vínculo coas novas
xeracións para a conservación do seu patrimonio.
Ademais do acto, publicaranse outros proxectos análogos durante este mes de abril a
través das redes sociais como é un vídeo en homenaxe ás vítimas ademais dun programa de radio informando sobre o acontecido, en Radio Roxar, na que o alumnado interpretará unha copla de cego da época que narra a historia do baldaquino.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas