Home Ourense O Comité Executivo do PP de Ourense aproba o inicia do calendario...

O Comité Executivo do PP de Ourense aproba o inicia do calendario congresual na provincia coa convocatoria de cinco conclaves locais

- Anuncio -
  • Os primeiros congresos celebraranse nas agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras
  • Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP de Ourense e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027
  • O presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a importancia que teñen estes órganos de representación do partido no territorio, “contribuíndo á consolidación da nosa formación en toda a provincia”

O Comité Executivo de partido Popular de Ourense aprobou esta tarde o inicio do calendario congresual na provincia coa convocatoria de cinco conclaves locais correspondentes ás agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras.

A formación popular comeza así unha fase de consolidación das agrupacións locais da provincia, subliñou o presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a importancia que teñen estes órganos de representación do partido no territorio, “contribuíndo á consolidación da nosa formación en toda a provincia”.

Esta presenza, engadiu o líder dos populares ourensáns, “é clave para o traballo político, pois unha organización estable e coordinada é fundamental para escoitar as necesidades da veciñanza e saber darlles resposta”.

O inicio deste período congresual prodúcese logo de consolidar a estrutura de organización do partido, coa constitución ao longo destes últimos meses das trece vicesecretarías, nove comités e quince áreas de traballo nas que se divide o partido.

Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP de Ourense e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027. Nesta liña de traballo, o Comité Executivo aprobará en datas seguintes a convocatoria de máis congresos nas agrupacións locais da provincia.

As cinco primeiras convocatorias celebraranse o día 6 de marzo no Barco de Valdeorras; o 15 en Toén; o día 29 en Maside; o 4 de abril na Bola; e o día 5 en Cenlle.

Relacionadas

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luis Menor destaca a xestión e o tratamento da auga da comarca de Valdeorras...

0
O presidente da Deputación de Ourense participou nunha visita ás instalacións da EDAR de A Rúa, onde se lidera o proxecto Ruagua para impulsar...

A Deputación ofrece 25 propostas culturais “diversas e de calidade” dentro da programación semestral...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta infraestrutura cultural como “vital para garantir o dereito de acceso á...

O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar as demandas...

0
Luis Menor e María González Albert mantiveron un encontro de traballo na Casa Consistorial de A Rúa para repasar os proxectos de colaboración da...

Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial a unha delegación da plataforma ProCAPD, dando así resposta á...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

Publicacións Relacionadas