O concelleiro do goberno municipal Telmo Ucha gardará corentena e desenvolverá as súas funcións a través de teletraballo durante os próximos días logo de que no mediodía de hoxe, domingo, desde a Consellería de Sanidade lle comunicasen que resultou positivo de COVID-19 nun test realizado no día de onte.
Tras presentar síntomas de febre alta, Telmo Ucha realizara senllas probas de PCR e test de antíxenos a fin de semana anterior e ambas deran resultados negativos
Durante a semana pasada acodiu ao Concello a traballar pero sempre gardando as medidas de seguridade e protección definidas na normativa vixente, e utilizando sempre a máscara.
Logo de coñecer os resultados da proba realizada onte, Telmo Ucha gardará a corentena polos días que lle indique a autoridade sanitaria.