HomeOurenseOurenseO Concello, a piques de rematar o proxecto para construír unha gran...

O Concello, a piques de rematar o proxecto para construír unha gran piscina de verán en Barrocás

- Anuncio -spot_img
  • A área lúdica emprazaríase entre o parque de Angelita Paradela e a rúa José Antonio Nieves Conde, e ocuparía unha superficie aproximada de 1.500 m2
  • “É unha instalación necesaria que se podería licitar este verán para entrar en funcionamento en 2024”, asegura o rexedor, “unha piscina que vai cambiar os veráns na cidade”.

O Concello de Ourense ultima un proxecto de arquitectura para unha grande área lúdica na parte baixa de Barrocás, emprazada entre o parque de Angelita Paradela e a rúa José Antonio Nieves Conde, cunha superficie construída de 1.477,31 m2 baixo o parque biosaudable. O principal atractivo deste proxecto é a instalación dunha gran piscina de verán para un barrio no que viven 3.000 persoas.

“Gañarían en calidade de vida e revitalizaría a propiedade dos veciños”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que cre que é “unha instalación necesaria que podería licitarse este verán para entrar en funcionamento en 2024”. Este proxecto, obra do estudio López y Noya Arquitectura y Urbanismo, inclúe diferentes espazos e alturas, entre as que destacan dous grandes vasos de auga -unha piscina de recreo, outra de salpicadura-, chorros para o público infantil, así coma unha zona para hixienizar os pés, zona de vestíbulo e vestiarios.

Trátase dunha “instalación necesaria”, en palabras do rexedor, “que vai cambiar os veráns da cidade”.

Publicacións Relacionadas