HomeOurenseO Concello abre as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar

O Concello abre as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou “esta iniciativa innovadora que amplía en moito a oferta de instalacións deportivas dispoñibles, para a infancia, mocidade e clubs da cidade”

O Concello de Ourense pon en marcha a apertura das instalacións deportivas dos colexios da cidade fóra do horario escolar, para permitir que a veciñanza poida desfrutar destes espazos na cidade para practicar deporte.

Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña que “con esta iniciativa queremos darlle un servizo máis á cidadanía desde o Concello, de forma que poidan dispoñer das instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar, polas tardes e posiblemente tamén, nas fins de semana”. Esta medida, explica o rexedor, vai ampliar en moito a oferta de instalacións deportivas reais e prácticas da cidade, xa que se trata de equipamentos que habitualmente están pechados fóra do horario escolar e así serían usadas pola infancia, mocidade e clubs que desexan dispoñer de espazos para a práctica deportiva.

Acompañando ao alcalde, estivo o asesor Aníbal Pereira, que explicou que serán 11 colexios e que nos vindeiros días haberá na páxina web un espazo habilitado coa listaxe e dispoñibilidade horaria dos centros.

Publicacións Relacionadas