O Concello de Ourense reabre ao público desde mañá, sábado, 18 de febreiro, un segundo vaso das Termas de Burga de Canedo, na zona de Outariz, xa recuperado para o uso público, en previsión dunha alta afluencia de visitantes durante as festas do Entroido de Ourense 2023. O espazo termal tiña até hoxe un vaso aberto para o baño, con capacidade para 50 persoas, e desde mañá terá dous vasos, con capacidade total para 80.
O horario de apertura será o habitual, continuado de 10 a 20 horas.



