O Concello abre o prazo de inscrición nos obradoiros de galego, francés, italiano e portugués da Escola Municipal de Idiomas

adminON
Lectura mínima de 2

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense organiza obradoiros de galego (preparatorios dos Celgas 1 e 3), francés, italiano e portugués para maiores de 16 anos. As persoas interesadas poden realizar a inscrición desde hoxe, martes, 10, até o xoves, 19 de setembro, cubrindo un formulario que está dispoñible na web da Concellería de Educación educacion.ourense.gal

A listaxe de alumnado admitido publicarase o día 20 e o prazo de matrícula (cun custo de 33 euros) abrirase desde ese mesmo día até o 27 de setembro.

Os obradoiros de francés, italiano e portugués terán una duración de dous meses: outubro e novembro. Os de galego prolongaranse até a segunda semana de decembro.

As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música e no edificio anexo a esta, na rúa da Canle. Consistirán en dúas sesións semanais de 90 minutos cada unha, acadando un total de 35 horas. As de francés, italiano e portugués serán en horario de tarde (Francés: martes de xoves de 19.00 a 20.30 h, Italiano: martes de xoves de 19.00 a 20.30 h e Portugués: martes e xoves de 18.00 a 19.30 h). Os grupos de galego serán de mañá: Celga 1: luns e mércores de 11.00 a 12.30 h e Celga 3: martes e xoves de 11.00 a 12.30 h

Comparte este artigo