Os cemiterios municipais de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 19.30 horas a semana próxima para facilitar que a veciñanza poida achegarse a honrar os seus familiares nas festividades de Todos os Santos e Fieis Defuntos. Habitualmente, estas dependencias permanecen pechadas ao mediodía durante os días festivos e fins de semana.
Ademais, o servizo de autobuses reforzarase dende o 30 de outubro até o 2 de novembro, ambos incluídos, con 2 servizos especiais, un con saída da antiga Estación de Autobuses e outro desde O Vinteún, en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no de San Francisco, con estes horarios:
Especial 1 Vinteún (6º Instituto) > Cemiterio
09:15 > 09:55
10:35 > 11:25
12:10 > 12:55
15:30 > 16:40
17:20 > 18:00
Especial 2 Estación de Autobuses (antiga) > Cemiterio
09:55 > 10:40
11:25 > 12:10
12:55 > 13:40
16:40 > 17:20
18:10 > 19:00
Oficios relixiosos. O Bispado de Ourense informa dos servizos litúrxicos que haberá nos camposantos municipais nestas datas:
Cemiterio de Santa Mariña. Venres 1 e Sábado 2, haberá misas ás 13h00. A do sábado, será oficiada polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet.
Cemiterio das Caldas. Venres 1, Celebración da Palabra ás 16h00 oficiada polo bispo de Ourense
Cemiterio de San Francisco. Venres 1, Celebración da Palabra ás 17h30 oficiada polo bispo de Ourense

