Home Ourense O Concello acenderá a iluminación de Nadal da cidade o xoves ás...

O Concello acenderá a iluminación de Nadal da cidade o xoves ás 20 h, na rúa do Progreso, con actuación musical

- Anuncio -

O Concello de Ourense acenderá este xoves, día 5 de decembro, a iluminación de Nadal da cidade, nun acto que terá lugar na rúa do Progreso, á altura da Alameda. Comezará cunha actuación musical, desde as 19.00 até as 19.55 horas. Ás 20.00 horas acenderanse as luces de Nadal e de seguido, continuará a música, até as 21.00 h.  

O acendido das luces dará inicio a unha ampla programación de actividades organizadas polo Concello de Ourense para celebrar o Nadal 2024

O dispositivo de seguridade para o desenvolvemento da actividade prevé pechar ao tráfico rodado desde as 15.00 horas un treito da rúa do Progreso, desde a baixada á Praza de Abastos até a rotonda de San Rosendo, deixando subir os vehículos pola rúa Parada Justel até as 18.00h (cando se pechará tamén esta rúa).

O acceso peonil por parte do público deberá realizarse desde a rúa do Progreso, xa que o paso desde Lamas Carvajal cara á zona a Praza Maior estará pechado por motivos de organización, desde as 18.00 horas, até que remate o evento.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas