“É un xesto do Concello con aquelas persoas que non as poden desfrutar”, avanza o alcalde Gonzalo Jácome
O Concello de Ourense acendera as luces de Nadal o venres, día 5 de decembro, ás 20.00 horas nun acto público con animación musicial que terá lugar na Praza Maior. Como en anos anteriores, o goberno municipal aposta por por acender a a iluminación artística que embelecerá as rúas da cidade na véspera da ponte festiva do mes de decembro.
Este ano o acto terá este ano como protagonistas as persoas cegas, a través de membros da ONCE, segundo avanzou esta mañá o alcalde de Ourense. “Este ano acenderán as luces as persoas que non poden desfrutalas”, manifestou Gonzalo Jácome. “En anos anteriores o acendido foi realizado por representantes de diferentes colectivos, como as persoas xordas, con trastorno autista, deportistas, persoas maiores… e nesta ocasión queremos ter un xesto coas persoas invidentes, que nos convide a meternos na pel dos demais. Que sexa a ONCE quen participe é unha invitación á refexión á xenerosidade do ser humano: acenderan as luces para os demais, xa que eles non a poden desfrutar”, sinalou o rexedor.
O acto contará tamén cunha actuación musical, a cargo dunha banda tributo que interpretará cancións de Joaquín Sabina.



