HomeOurenseOurenseO Concello achega 7,350 millóns de euros e o Plan de Recuperación,...

O Concello achega 7,350 millóns de euros e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 550.000 euros

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o subdelegado de Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiron esta mañá ao inicio das obras de construción e urbanización do Parque Canedo. Unha actuación que desenvolve o Concello cun orzamento total de 7,9 millóns de euros, dos que o Concello achega 7,35 millóns de euros e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 550.000.

O proxecto prevé construír un gran parque público de 18.000 metros cadrados, un aparcamento público subterráneo con 319 prazas, unha piscina de case 800 m2, 3 zonas de xogos e unha pista deportiva, no interior do rueiro formado polas rúas San Rosendo, San Froilán, Avenida das Caldas, Basilio Álvarez, Victoria Kent e Xesús Pousa Rodríguez.

O alcalde Gonzalo Jácome puxo en valor a importancia deste proxecto: “Hoxe é un gran día para Ourense, porque imos iniciar a maior obra civil do Concello de Ourense na súa historia. Imos facer a maior zona verde de Ourense, no que é o centro urbano, de 18.000 m2, que se chamará Parque Canedo, e vai incluír unha piscina grande, case como a de Oira, zonas de xogos e un aparcamento soterrado con 319 prazas, que realmente son vitais para dar servizo ao barrio da Ponte e tamén para a estación”.

“Vai mellorar a vida de todos os ourensáns, especialmente do barrio da Ponte, e revalorizar totalmente a zona. Vai dar unha tremenda calidade de vida, no corazón da Ponte e practicamente no centro de Ourense. Vai ser algo tremendo que esperemos que estea feito en ano e medio”, manifestou.

Esta intervención ten un orzamento total de 7,9 millóns de euros (entre a execución das obras, o custo do proxecto máis a dirección), IVE engadido. Sobre unha superficie de 20.000 metros cadrados, prevé 3 zonas de actuación: un parque de 18.000 metros cadrados, unha piscina de preto de 800 metros cadrados, dotada cunha zona de vestiarios; 3 zonas de xogos: 2 delas infantís, para cadanseus grupos de idades, e unha terceira de xogos biosaudables, 1 pista deportiva, e un aparcamento subterráneo de 8.000 m2, con 319 prazas.

O aparcamento previsto ten un orzamento de 2.475.418 €, e foi incluído no proxecto MoveOurense II que o Concello presentou ao programa de axudas a municipios para a implantacion de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sostible do transporte urbano no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que desenvolve o Goberno de España. O proxecto está co-financiado con fondos Next Generation por importe de 549.727,64 €

Publicacións Relacionadas