Esta mañá entrou en funcionamento a nova frecuencia da liña número 5 do servizo municipal de autobuses urbanos de Ourense: Outariz – Reza – Ceboliño.
Como anunciara o alcalde, Gonzalo Jácome, o día 23 abril, o Concello asigna a esta ruta 3 vehículos, en vez de 2, coa finalidade de mellorar o servizo a nivel de frecuencias e de ruta. Así, desde hoxe circula un vehículo cada 30 minutos os días laborais, e dase un mellor servizo ás persoas usuarias das termas de Outariz, do barrio de Vistafermosa e do Couto, entre outros. No caso deste barrio, o Concello introduce unha nova parada nesta ruta, na rúa Francisco de Moure.
- Toda a información en https://ourense.avanzagrupo.com/web/ourense/lineas-y-horarios/todas-las-lineas/linea-5