O Concello de Ourense activa desde mañá, mércores, 8 de outubro, un autobús de reforzo matinal que conectará en bucle a Praza da Mariña co Parque de San Lázaro, en percorrido continuo de ida e volta, desde as 7.00 até as 15.00 horas. Con este servizo preténdese dar resposta ao incremento do número de viaxeiros rexistrado neste itinerario do servizo de autobuses urbanos polas mañás logo do recente cambio das liñas.
O percorrido desde a Praza da Mariña até o Parque de San Lázaro terá paradas na rúa Vicente Risco, a Ponte Nova, a Ponte Nova (zona As Lagoas), Curros Enríquez e Xoán XXIII (detrás da Subdelegación do Goberno). O itinerario de volta inclúe paradas en Curros Enríquez, Ponte Nova (A Ponte) e Parque da Ponte.